a boutique cyra na revista proyecto contract

cyra_en_proyecto_contract_1Bonito artigo o que publicaron na revista Proyecto Contract sobre o noso proxecto da boutique de moda Cyra. Como alí salientan, neste espazo primouse a sofisticación e a elegancia, adoptándose a nivel formal as liñas puras e os volumes minimalistas, en gamas de cores versátiles coma o branco, o negro, o gris e o dourado, con idea de crear unha exposición na que destaquen diferentes marcas e coleccións, convivindo sen interferencias. En canto aos materiais empregados, predominaron os lacados, os revestimentos textís de delicadas texturas, as peles, os terciopelos e os espellos. Unha boutique de referencia en pleno centro de Compostela con marcas da talla de Valentino, Max Mara, Giorgio Armani, Missoni, Moschino… Un espazo no que perderse para saír guapísim@s.