Aviso Legal

Aviso Legal

  • Denominación Social: Universo Nanube S.L.
  • Nome Comercial: Nanube.
  • Domicilio Social: Ramón Cabanillas 6 3ºB 15701 Santiago de Compostela.
  • CIF: B70149646
  • Teléfono: 881 97 71 34
  • Correo electrónico: nanube@nanube.com
  • Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña Tomo 3.298 do Arquivo, Sección Xeral, ao folio 164, folla nº C43.396, inscrición 1ª, con data 26 de Marzo do 2008.
  • Nome do dominio: www.nanube.com
  • Representante legal: Xema Varela.

OBXECTO

Nanube, responsable do sitio web www.nanube.com, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende cumprir as obrigas establecidas pola Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios do sitio web www.nanube.com respecto ás condicións de uso do mesmo. Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí establecidas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. Nanube resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador. “Este sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación, deseños, logotipos, imaxes, fotografías, debuxos, texto e/ou gráficos, son propiedade de Universo Nanube SL, atopándose protexidos pola normativa nacional e internacional sobre propiedade intelectual e industrial. O acceso por parte do usuario ao sitio web non lle outorga ningún dereito de propiedade sobre os mesmos. O uso de denominacións de terceiros atópase autorizado expresamente polos seus propietarios, polo que Nanube non se responsabiliza das controversias que sobre elas puidesen suscitarse, procedendo á súa retirada inmediata tan pronto teña constancia fidedigna das mesmas. Se ve no sitio web calquera contido que puidese vulnerar dereitos de propiedade intelectual e industrial, pregamos que o poñan en coñecemento do prestador á maior brevidade posible, remitindo un correo electrónico ao enderezo nanube@nanube.com”.

RESPONSABILIDADE

Nanube exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro alleo ao mesmo. O sitio web de Nanube pode utilizar cookies (pequenos arquivos de información que o servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión ulterior e desaparecen ao terminar a sesión do usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies para recoller información de carácter persoal. Desde o sitio web do cliente é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que Nanube non pode controlar sempre os contidos introducidos por terceiros nos seus sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, Nanube manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección a ese sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión. Nanube non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chat´s, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web de Nanube. Non obstante e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, Nanube ponse a disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou no seu caso bloqueo de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. En caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, prégase que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web. Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, o prestador non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

PROTECCIÓN DE DATOS TEMPORAIS

Nanube está profundamente comprometida co cumprimento da normativa española de protección de datos de carácter persoal, e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implantación das medidas de seguridade dispostas no art. 9 da Lei 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e no Regulamento de Desenvolvemento da LOPD. Nanube pon a disposición dos usuarios a Política de Privacidade da entidade informando aos usuarios dos seguintes aspectos:

  • Datos do Responsable do tratamento.
  • Datos tratados.
  • Arquivo no que se almacenan.
  • Finalidade do tratamento.
  • Obrigatoriedade ou non de facilitalos, así como as consecuencias en caso de non facilitalos.
  • Sobre os dereitos que asisten a todo usuario e o procedemento para exercitalos.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web www.nanube.com, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto, imaxes, debuxos, fotografías e/ou gráficos son propiedade de Universo Nanube SL. ou no seu caso dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.