“cyra: sofisticación e elegancia para unha boutique coas mellores marcas”

Paga a pena que leades a entrevista que nos fixeron para o blog de Finsa, na que explicamos cales foron as claves do deseño da boutique de moda Cyra, en Santiago de Compostela. Como aperitivo:

“O interiorismo xoga un papel decisivo en conseguir que o local atraia a atención e convide a entrar ao seu público obxectivo e, unha vez dentro, debe actuar como vendedor silencioso, guiando o percorrido e poñendo o foco en determinadas zonas”.

“Outro dos grandes retos do deseño do espazo consiste en conseguir determinadas experiencias psicolóxicas. Neste caso, que a xente se sentise cómoda e convertir a visita nun plan apetecible para unha tarde”.

“Xema traballou o concepto minimal rock: partindo dunha estética sobria e minimalista buscou aportar toques rock, matices de forza, elementos propios e personalizados que enfatizasen certa idea de inconformismo e vitalidade”.

Podedes ler a entrevista completa en:

http://www.finsa.com/cs/Satellite?anio=0&c=Page&cid=1422354812959&detalle=si&idSeleccionado=1426728078877&idiomaNav=es_ES&mes=0&pagename=FN_CatalogoProductos%2FPage%2FFN_PTPortadaNoticias&site=FN_CatalogoProductos