inauguración da boutique cyra

Despois de 36 anos de actividade, o equipo directivo de Cyra-Hugo Boss consolida o seu proxecto empresarial mediante a apertura dunha nova tenda en Xeneral Pardiñas, encargándolle a Nanube o proxecto de acondicionamento e remodelación interior. E para celebrar esta apertura como se merece, organizouse unha inauguración no hotel Araguaney, unha festa-cocktail amenizada con actuacións en directo, na que @s máis de 200 convidad@s recibiron un agasallo especial.

O glamour e a ilusión brilaron neste evento, que foi para Nanube o mellor colofón final para unha etapa de moitos meses de traballo intenso en estreita colaboración coa propiedade. E por suposto, non podían faltar os brindes polo futuro. ¡Por que sexan moitos anos máis!