nanube deseña a consulta de nutrición de elena marcos

Xa sabemos que un sorriso pode cambialo todo e isto é precisamente o que buscamos nesta consulta de nutrición: facer sorrir a un espazo que estaba triste e achegalo á actitude vital da propia Elena Marcos.

Acométese unha intervención exprés coa que se transforma completamente a personalidade do despacho, pero sen levar a cabo grandes obras. En consecuencia, xógase moito coa cor e coa luz.

Unha das paredes, a modo de cabeceira principal, revístese cun friso de madeira branqueada ata media altura e con papel de pequenos motivos de flor de lis ata o teito. Para as demais paredes emprégase impulsivamente a cor amarela.

A iluminación de teito de tipo LED compóñena plafóns adosados nun ton de luz neutro que se armoniza coa luz cálida dunha luminaria de pé decorativa.

Selecciónase e deséñase mobiliario de liñas minimalistas en cor branca con detalles puntuais en amarelo. E tamén se fai unha selección de cadros vitalista e atrevida.

Se tivésemos que facer unha declaración de intencións sería ter querido conseguir un espazo radiante para unha clienta radiante.