nanube estrea páxina web

Presentámosvos a nova páxina web de Nanube. Estruturada en 6 apartados: inicio, proxectos, mobiliario, equipo, novidades e contacto, nela pódese atopar de forma moi sintética información relativa a cada un destes aspectos.
En “inicio” descríbese brevemente a que nos adicamos. Como é difícil condensar isto en poucas palabras, tal vez o máis importante sexa mencionar que somos receptivos a propostas do máis diversas dentro do ámbito do deseño e do interiorismo.
En “proxectos” xuntamos unha pequena mostra de imaxes dalgúns dos traballos que temos realizado. Decantámonos por seleccionar poucos proxectos, pero tentando dar unha visión o máis variada posible do que facemos.
En “mobiliario” pretendemos compartir algúns dos mobles que deseñamos a medida, sempre co afán de personalizar ao máximo os espazos.
O “equipo” humano que se forma para cada traballo concreto pode variar lixeiramente en función das necesidades que se detecten.
Nas “novidades” gustaríanos ir contándovos os acontecimentos que resultan máis salientables para nós, sen esquecer que sempre podedes atopar información complementaria no noso Facebook.
En “contacto” quixemos facilitarvos os datos necesarios para contactar con nós.
Con carácter xeral, dicir que tentamos facer unha páxina web de estrutura sinxela, nidia visualmente, con predominio dos brancos e destaque das fotografías.