unha casa de verán, un refuxio de inverno

CARRILCombinacións desenfadadas de mobles da familia que se recompoñen e reinventan para iniciar unha nova andadura nunha vivenda de verán, ou tal vez nun refuxio de inverno. As posibilidades aumentan cando ao mirar pola xanela, o mar está presente, dándolle intensidade a todas as pequenas cousas.
Como adoita pasar, unha vez máis facer o proxecto dunha casa non é só facer o proxecto dunha casa. Desde o comezo tivemos sempre a firme sospeita de que non se trataba só dun espazo, ou duns mobles, senón dunha auténtica declaración de amor entre os seus propietarios. E como tod@s sabedes, cada historia de amor ten os seus códigos e as súas propias receitas.